Saltar ao contido

ADN xenómico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ADN xenómico, DNA xenómico ou ácido desoxirribonuclico xenómico (abreviado como ADNx ou gDNA polas súas siglas en inglés[1]) é o ADN cromosómico, en contraste cos ADNs extracromosómicos como os plásmidos. Os plásmidos son pequenas moléculas tipicamente circulares de ADN que se encontran en procariotas e algúns lévedos e que conteñen algúns xenes. A maioría dos organismos teñen o mesmo ADN xenómico en todas as súas células; porén, só certos xenes están activos en cada tecido, o que permite a diferenciación celular e o funcionamento do corpo.[2] O xenoma dun organismo está formado polo conxunto dos seus xenes ou elementos non codificantes similares; estes xenes encóntranse nos cromosomas nucleares e nas mitocondrias.


  1. "gDNA - Definitions from Dictionary.com". dictionary.reference.com. Consultado o 2008-04-26. 
  2. "What is Genomic DNA? (with pictures)". Consultado o 2015-09-25. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.